TAREA 3.-O risco que supón a obsolescencia programada.

 

                                      OBSOLESCENCIA PROGRAMADA 

   A obsolescencia programada é a determinación ou programación do fin da vida útil dun produto,de xeito que,despois de un período de tempo calculado previamente polo fabricante ou pola empresa durante a fase de deseño do mesmo,quedan obsoletos,non funcionan,inútiles ou inutilizables por diversos procedementos ,por exemplo por falta de pezas de reposición,e é necesario mercar un novo para substituílo.

Qué es la obsolescencia programada? 

  A súa principal función é xerar máis ingresos debido a compras máis frecuentes para xerar relacións de adicción que rematen en beneficios económicos continuos por períodos de tempo máis longos para empresas ou fabricantes.

Eu penso que a obsolescencia programada ten efectos negativos,como pode ser a contaminación polos residuos tirados nas cidades,rúas,... 

Creo que algunha vez sí que a sufrin xa que fai uns 4 anos máis ou menos,os meus pais mercáronme unha tablet nova.Eu estaba moi contento co fucionamento da tablet pero un día parou de funcionar e decidimos levala a unha tenda de reparación.Alí nos dixeron que esa tablet non a podían reparar porque xa non quedaban pezas de reparación e que non podían facer nada.

Paréceme moi mal a forma en que moitas empresas realizan esta función de programar a obsolescencia xa que non é xusto que moitas familias por exemplo merquen algún aparello para os seus fillos e ao cabo dun tempo remate de funcionar.Porque non todo o mundo ten tantos ingresos para andar mercándolle aos seus fillos aparellos cada pouco tempo.

Na actualidade existen xa vertedeiros de material electrónico en países como China,Nigeria,India e Ghana.O problema deste tipo de desfeitos non é só o impacto medioambiental senón que tamén existe un risco na saúde dos habitantes destes países.Non so viven entre eles estes tipos de residuos,tamén os queiman para extraer todo ferro posible e con isto todos os produtos químicos altamente tóxicos.

Existe un convenio denominado Convenio de Basilea,onde se prohíbe a utilización destes países como vertedeiros,é decir,xa hai alguén que sabe que isto é un problema pero ahí están os países desenvolvidos para decir que esos produtos non son residuos senón que os enviamos porque quedaron obsoletos e claro,como é lóxico somos tan boas persoas que os enviamos para que os países desenvolvidos os poidan reutilizar.Isto son todo mentiras.

Nun informe da ONU calcúlase uns 50 millóns de toneladas de residuos electrónicos vertidos nun ano.

Isto ten que cambiar porque supón un grave problema para o medioambiente,as persoas,os animais,...

 TICS 1º BAC Sofía Casanova 19/20: 5ª ACTIVIDAD

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios